
Viswanathan Anand é o actual Campión Mundial de Xadrez.
Naceu en Madrás, India, o 11 de decembro de 1969. Aprendeu a xogar aos seis anos e en 1984, aos 14 anos de idade, convértese no primeiro xogador da India en obter o título de Mestre Internacional. Ao ano seguinte proclamouse campión nacional e en 1987 gaña o Campionato Xuvenil do Mundo. Ese mesmo ano convértese, de novo, no primeiro xogador Indio que logra o título de Gran Mestre.
No ano 2000, Anand gaña o Campionato Mundial de Xadrez FIDE despois de vencer a Aleksei Shírov. Perde o seu título no ano 2002 e volve a recuperalo no 2007. Ao vencer no Campionato Mundial de Xadrez 2007 convértese no indiscutible Campión Mundial da especialidade. O 29 de outubro de 2008, revalidou o seu título ao vencer ao ruso Vladimir Kramnik nun encontro a doce partidas no que venceu por un resultado de 6,5 a 4,5.
No hay comentarios:
Publicar un comentario