viernes, 17 de abril de 2009

APRENDE A XOGAR


"La Pasion del Ajedrez"


Nesta colección de 25 vídeos, o campión mundial Garry Kasparov e o reporteiro e comentarista Leontxo García, móstrannos todas as tácticas do xogo.

domingo, 15 de marzo de 2009

Lista FIDE (xaneiro de 2009)


O profesorado responsable desta actividade no IES San Paio quere deixar clara o seu desacordo coa existencia de dúas clasificacións separadas en función de sexo, reclamando a existencia dunha única clasificación que englobe a homes e mulleres.

sábado, 14 de marzo de 2009

VIII – Torneo de Xadrez “I.E.S. San Paio” - TUI

O 23 de marzo de 2009 comeza a última fase do Torneo de Xadrez "I.E.S. San Paio" na que os 26 mellores xogadores do centro loitarán por facerse co título de Campión do Torneo.

Regras do xogo:
  • O sistema de xogo será o suízo.
  • Todo participante xogará en cinco roldas competindo con rivais que teñan unha puntuación similar á súa.
  • Os emparellamentos serán realizados co programa informático Chess Tournament Administrator.
  • Cada xogador disporá para a súa partida de cinco minutos máis quince segundos por xogada que se acumularán ao seu tempo de xogo.
  • No caso de que un xogador consumira o seu tempo o rival poderá reclamar esta circunstancia e a conseguinte vitoria.

viernes, 13 de marzo de 2009

XXVI Torneo "Ciudad de Linares"

Linares, provincia de Jaen, foi sede do XXVI Torneo "Ciudad de Linares".
Dende o 19 de febreiro ata o 8 de marzo celebrouse en Linares un dos torneos máis prestixiosos e importantes do mundo, denominado con frecuencia "el Wimbledon del ajedrez".
Nel participaron oito dos mellores xogadores do mundo, o actual campión, V. Anand (India - 2 FIDE), V. Ivanchuk (Ucrania - 3 FIDE), M. Carlsen (Noruega - 4 FIDE), T. Radjabov (Azerbaiyán - 7 FIDE), L. Aronian (Armenia - 11 FIDE) , W. Yue (China - 13 FIDE) , A. Grischuk (Rusia - 14 FIDE) e L. Domínguez (Cuba - 23 FIDE).
Aínda que non estaba entre os favoritos, o ruso Alexander Grischuk, na súa segunda participación en Linares, converteuse no gañador do torneo.

Alexander Grischuk naceu en 1983 en Rusia, xogador de gran creatividade e especialista nos ritmos rápidos, é un dos máis destacados novos talentos dos últimos anos.
Na sesión de apertura do torneo, fixo unha espectacular exhibición vencendo en catro partidas simultaneas, a pesares de estar de costas aos taboleiros e cos ollos vendados.

domingo, 1 de marzo de 2009

Campións (lista oficial FIDE)




















1886-1894 Steinitz, Wilhem - Austria/EE.UU.

1894-1921 Lasker, Emanuel - Alemania

1921-1927 Capablanca, José Raúl - Cuba

1927-1935 Alekhine, Alexander - Rusia/Francia

1935-1937 Euwe, Machgielis - Paises bajos

1937-1946 Alekhine, Alexander - Francia

1948-1957 Botvinnik, Mikhail - Unión Soviética

1957-1958 Smyslov, Vassily - Unión Soviética

1958-1960 Botvinnik, Mikhail - Unión Soviética

1960-1961 Tal, Mikhail - Unión Soviética

1961-1963 Botvinnik, Mikhail - Unión Soviética

1963-1969 Petrosian, Tigran - Unión Soviética

1969-1972 Spassky, Boris - Unión Soviética

1972-1975 Fisher, Robert - EE.UU.

1975-1985 Karpov, Anatoly - Unión Siviética

1985-1993 Kasparov, Gary - Unión Soviética/Rusia

1993-1999 Karpov, Anatoly - Rusia

1999-2000 Khalifman, Alexander - Rusia

2000-2001 Anand, Viswanathan - India

2002-2004 Ponomariov, Ruslan - Ucrania

2004-2005 Kasimdzhanov, Rustam - Uzbekistán

2005-2006 Topalov, Veselin - Bulgaria

2006-2007 Krámnik, Vladimir - Rusia

2007->. Amand, Viswanathan - India

O Campión do Mundo: V. Anand




















Viswanathan Anand
é o actual Campión Mundial de Xadrez.
Naceu en Madrás, India, o 11 de decembro de 1969. Aprendeu a xogar aos seis anos e en 1984, aos 14 anos de idade, convértese no primeiro xogador da India en obter o título de Mestre Internacional. Ao ano seguinte proclamouse campión nacional e en 1987 gaña o Campionato Xuvenil do Mundo. Ese mesmo ano convértese, de novo, no primeiro xogador Indio que logra o título de Gran Mestre.
No ano 2000, Anand gaña o Campionato Mundial de Xadrez FIDE despois de vencer a Aleksei Shírov. Perde o seu título no ano 2002 e volve a recuperalo no 2007. Ao vencer no Campionato Mundial de Xadrez 2007 convértese no indiscutible Campión Mundial da especialidade. O 29 de outubro de 2008, revalidou o seu título ao vencer ao ruso Vladimir Kramnik nun encontro a doce partidas no que venceu por un resultado de 6,5 a 4,5.